INVITACION PARA PARTICIPAR EN EL FESTIVAL CIENTIFICO PROMOVIDO POR CINBI Estimadas/os amigas/os, Desde o festival CinVigo , promovido por CINBIO (Centro de investigación da Universidade de Vigo), temos o pracer de anunciar unha das grandes novidades desta cuarta edición: os Obradoiros Científicos para Maiores de 65 anos , unha actividade especialmente deseñada para achegar a ciencia dun xeito próximo, práctico e divertido ás persoas desta franxa de idade. Grazas ao apoio de distintas entidades, habilitaremos unha carpa acondicionada no recinto do festival onde se desenvolverán estes obradoiros pensados para favorecer o acceso á cultura científica, o benestar e a socialización. Será os días 25 e 26 de abril na contorna do Náutico de Vigo. Ao longo da actividade, as persoas participantes poderán achegarse a ciencia dun xeito práctico poñendo en valor o autocoidado e a saúde e vendo a súa aplicación directa na vida cotidiana. A participaci...