invitación a olimpiada da enerxia
As persoas interesadas en asistir, comunicádeo como moi tarde este venres 17 de abril a través de MOOVI
Estimado estudantado do PUM,
Son Elena Alonso, directora da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía. Póñome en contacto convosco porque estamos a organizar na Escola a Olimpíada da Enerxía e quería trasladarvos unha proposta de colaboración co evento. A Olimpíada da Enerxía é unha competición científica sobre o sector enerxético, dirixida a estudantado de 4 ESO e 1º Bacharelato.
Unha das probas é unha proba de divulgación científica, na que os participantes teñen que explicar a público xeral un concepto relacionado coa enerxía (como se xera enerxía eléctrica nunha central hidroeléctrica ou como se xera enerxía nunha planta solar fotovoltaica). E aquí é onde nos encantaría contar coa vosa colaboración, como público receptor. Pásovos a información básica para que poidades valorar a vosa participación.
A idea é que asistades como público receptor da actividade de divulgación científica. O ideal é que poidéramos contar con 15-20 persoas.
- A actividade terá lugar o 29 de abril, mércores, na Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía, en horario de mañá. Estamos pendentes de pechar o programa, pero xa adianto que como moi pronto empezaría ás 11.30 e duraría como máximo unha hora.
- A idea é que asistades á actividade de divulgación científica e valorédela.
Estaremos encantados de recibirvos na Escola. E, se queredes, podemos organizar algunha actividade máis só para vós (taller de combustión, de recoñecemento de minerais,....temos varias actividades que creemos poderían resultar interesantes). Xa que subides ata o Campus, podedes aproveitar máis o tempo.
As persoas interesadas en participar, comunicádeo como moi tarde este venres, 17 de abril, para que poidamos organizar ben a actividade. Se tedes dúbidas enviade un correo a ealonso@uvigo.gal
Moito grazas,
Elena Alonso