Festival científico CinVigo. Ciencia na ruandés
Estimadas/os amigas/os,
Desde o festival CinVigo, promovido por CINBIO (Centro de investigación da Universidade de Vigo), temos o pracer de anunciar unha das grandes novidades desta cuarta edición: os Obradoiros Científicos para Maiores de 65 anos, unha actividade especialmente deseñada para achegar a ciencia dun xeito próximo, práctico e divertido ás persoas desta franxa de idade.
Grazas ao apoio de distintas entidades, habilitaremos unha carpa acondicionada no recinto do festival onde se desenvolverán estes obradoiros pensados para favorecer o acceso á cultura científica, o benestar e a socialización.
Será os días 25 e 26 de abril na contorna do Náutico de Vigo.
Ao longo da actividade, as persoas participantes poderán achegarse a ciencia dun xeito práctico poñendo en valor o autocoidado e a saúde e vendo a súa aplicación directa na vida cotidiana.
A participación é totalmente gratuíta, pero será necesario realizar unha inscrición previa (abrirase proximamente).
Gustaríanos contar coa vosa asociación para ofrecer aos vosos asociados e asociadas, unha experiencia única, enriquecedora e estimulante, na que a ciencia se converte nunha ferramenta para mellorar a calidade de vida e crear novos espazos de encontro.
Quedamos á vosa disposición para máis información e organizar as inscricións das persoas implicadas: cinvigo@uvigo.gal, 986 130 296
Moitas grazas e agardamos vervos en CinVigo!
Un cordial saúdo,
Equipo de CinVigo – Festival de Ciencia de Vigo
Lucía Calvo · Comunicación CINBIO |